Enlatamos momentos,
gardamos sorrisos.

Vodas · Cumpleanos · Eventos deportivos · Encontros sociais · Turismo e empresa

Pide presuposto

Catro rapaces da
Costa da Morte

Morriña en Conserva está formada por Dani Lema, Damián Espasandín, Ismael González e César Ferrío, sendo todos da Costa da Morte.

Despois de anos vendo o éxito do fotomatón en vodas da zona, decidimos coller o relevo e darlle unha volta máis moderna, cercana e chea de detalles.

O noso obxectivo é sinxelo: que o teu evento quede na memoria de todos... e tamén ben gardado nas fotos.

O equipo de Morriña en Conserva: Dani Lema, Damián Espasandín, Ismael González e César Ferrío

Dani, Damián, Ismael e César

Que é Morriña
en Conserva?

É un fotomatón profesional que mestura diversión e calidade: fotos impresas ao momento, deseños personalizados, atrezzo para que ninguén se corte e unha experiencia que engancha tanto como a propia festa.

Naceu ligado ás vodas, pero agora queremos levar ese mesmo bo facer a:

  • Vodas e celebracións familiares
  • Cumpleanos, comunións e festas privadas
  • Eventos deportivos e encontros sociais
  • Iniciativas turísticas e accións de empresa
Ti só preocúpaste de disfrutar.
Nós encargámonos do enlatado da morriña.
📷

Fotos impresas ao momento

Papel fotográfico de calidade que os convidados levan de recordo

🎨

Deseño personalizado

Plantilla co nome, data e imaxe do teu evento

🎭

Atrezzo divertido

Gafas, carteis, sombreiros e complementos para soltar risas

💾

Galería dixital

Selección de imaxes para compartir e gardar para sempre

Como funciona?

01
🚛

Montaxe

Chegamos con tempo para montar todo o material no teu evento

02
🖨️

Fotos ao momento

As fotos imprímense ao momento en papel fotográfico de calidade

03
✏️

Personalización

O deseño da plantilla vai personalizado co nome do evento, data e imaxe da túa marca

04
🥳

Atrezzo e diversión

Gafas, carteis, complementos... para que as fotos sexan aínda máis divertidas

05
📲

Galería dixital

Ao rematar, entregamos unha selección dixital para compartir e gardar

👤 Hai sempre unha persoa do equipo atendendo e axudando en todo.

Tipos de eventos

Cada evento é diferente, e nós adaptámonos a ti. Sen fórmulas ríxidas, sen paquetes pechados.

💒

Vodas e celebracións

O complemento perfecto para que cada convidado leve un recordo único da túa voda

🎂

Cumpleanos e comunións

Festas privadas con fotos divertidas que os cativos e maiores van adorar

Eventos deportivos

Torneos, carreiras, xornadas... un recordo físico que vai máis aló do trofeo

🎉

Encontros sociais

Reunións de amigos, festas temáticas, galas... o toque que faltaba

🏢

Turismo e empresa

Feiras, congresos, activacións de marca. O teu logo nas fotos, o teu evento na memoria

Completa o teu evento

Mira os nosos traballos e descubre como colaboramos con outros servizos da zona.

📸

Álbum de fotos

Mira as nosas galerías de eventos: vodas, festas, encontros... Todas as fotos dos nosos traballos.

🕹️

Arcade Costa da Morte

Máquina arcade retro para eventos

Ademais do fotomatón, colaboramos con Arcade Costa da Morte para levar a túa festa a outro nivel. Unha máquina arcade retro auténtica con máis de 60 xogos clásicos, iluminación LED e máquina de fume.

🎮 +60 xogos clásicos
💡 Iluminación LED RGB
🌫️ Máquina de fume
🚚 Transporte incluído
Ver máis sobre a Arcade →
FOTOMATÓN + ARCADE = O PACK QUE NINGUÉN ESQUECE

Falamos?

Pide presuposto sen compromiso. Adaptámonos ao teu evento.

📱

Teléfono / WhatsApp

613 011 658
✉️

Correo electrónico

foto@morrinaenconserva.com
📸

Instagram

@morrinaenconserva